O Concello publica a lista definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as para a bolsa de traballo de persoal laboral temporal, para cubrir a praza de animador/a cultural do Concello de Teo.
Ademais noméase o tribunal cualificador e convócase aos aspirantes para a celebración da entrevista o día 14 de setembro de 2010 ás 09.00 horas na Casa Consistorial, na Ramallosa. »
03/09/2010 O Concello de Teo volve no mes de setembro a programar un novo concerto do XpresaTe-Ho! neste caso de rock. A formación The Homens actuará en Cacheiras o próximo 10 de setembro no campo da festa. Os concertos comezarán ás 22.00 horas e contarase coa presenza das formacións teenses MeDo MeDa e Meiga do Norte.»
01/09/2010 Co chegada do mes de setembro comeza a prepararse a volta ó colexio en moitos fogares e o Diverteo setembro, que se iniciou hoxe nos colexios dos Tilos, Calo e a Ramallosa, convértese nun aperitivo para os case cen nenos/as matriculados/as nesta edición. »
10 de setembro de 2010 The Homens, MeDo MeDa e a Meiga do Norte son o excelente cartel dunha nova edición do XpresaTe-Ho! Rock. A actuación será no campo da festa de Cacheiras e comezará ás 22:00 horas. Anímate e asiste! »