Concello de Teo

Portada | Actualidade | Novas

Imprimir Enviar

Novas

OBRAS

Licítanse obras de saneamento e abastecemento en núcleos de Luou e Rarís por máis de 350.000 euros

24/07/2010
O Concello de Teo acaba de iniciar a licitación de dúas obras de abastecemento e saneamento en núcleos de Luou e Rarís por un importe que supera os 350.000 euros, e que forman parte do Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) da Deputación da Coruña.
A obra de abastecemento e saneamento en Quintáns-A Igrexa en Luou ten un orzamento de 251.560 euros e un prazo de execución de catro meses. O prazo de presentación de ofertas será de 26 días naturais dende a publicación do anuncio de licitación no BOP, que se realizará nos próximos días.

 

Os traballos de abastecemento e saneamento en Bouñou na parroquia de Rarís ten un orzamento de 125.462 euros e un prazo para realizar a obra tamén de catro meses. Neste caso as ofertas xa se poden presentar rematando o prazo o día 29 de xullo de 2010.

 

 

Os pregos de cláusulas das obras así como a información sobre prazos de presentación de ofertas ou garantías esixidas ás empresas pódense consultar no Perfil do Contratante na web municipal www.concellodeteo.com.

obras

+ Novas