Celebrado o día 16/08/2010 o segundo exercicio da oposición convocada para a provisión, mediante persoal funcionario, dun posto de traballador/a social. e considerando que segundo as bases da convocatoria os aspirantes serán convocados para a súa lectura en sesión pública, podendo o Tribunal realizar preguntas sobre o examen realizado, os membros do Tribunal acordaron que a lectura terá lugar o Xoves 2 de setembro a partir das 09.00 horas, no Centro Sociocultural da Ramallosa.
O Concello de Teo publica a relación de aspirantes aprobados no primeiro exercicio da oposición para a provisión, mediante persoal funcionario, dun posto de traballador/a social previsto na Oferta de emprego público do Concello de Teo para 2008.
Así mesmo faise público que a realización do segundo exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio terá lugar o Luns día 16 de agosto as 10:00 horas, no Centro Sociocultural de A Ramallosa. O citado exercicio consistirá en desenvolver por escrito, durante un período de dúas horas, dous temas (de entre tres propostos polo tribunal) da parte específica do programa que figura no anexo I da convocatoria.
O Concello de Teo anuncia a publicación da listaxe definitiva de admitidos/as para a provisión da praza de traballador/a social incluída na OEP 2008 no BOP Nº 137 do Mércores, 21 de xullo de 2010.
Consulta aquí o anuncio completo do BOP.
Na resolución pola que se aproba a listaxe definitva tamén se designan os membros do tribunal cualificador e a data do primeiro exercicio.
O primeiro exercicio será o 6 de agosto de 2010 ás 12:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa, sito na rúa da Lagoa, número 2, Ramallosa, Teo. Os/as aspirantes deben acudir provistos do DNI.
O BOP nº 118, do 24 de xuño de 2010 , publicaba a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as á praza de traballador/a social do Concello de Teo, incluída na OEP 2008.
Presentáronse e admitíronse un total de 21 solicitudes.