Concello de Teo


Portada | E-administración | Convocatorias

Compartir:

Outras

BENESTAR

Listaxes definitivas para o curso 2012-2013 nas Escolas Infantís Municipais

28/05/2012

Mediante a resolución da alcaldía 329/12 de 28 de maio de 2012, apróbanse as listaxes definitivas para o acceso ás Escolas Infantís Municipais no curso 2012-2013. O prazo de matrícula remata o 15 de xuño.

Listaxe definitiva EIM Calo

Listaxe definitiva EIM A Ramallosa

Listaxe definitiva EIM Os Tilos  

Resposta a reclamacións

Solicitudes excluídas

Impresos de matrícula

Explicación de símbolos e abreviaturas


As listaxes que se publican son definitivas. Porén, todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben formalizar a matrícula no período indicado. De non ser así, perderían a praza.

 

O impreso de matrícula pode obterse premendo neste enlace e tamén está dispoñible no departamento de servizos sociais e no rexistro xeral do Concello. Para os nenos e nenas que este curso xa adudiron a algunha das escolas infantís municipais, son os propios centros os que facilitan o documento.

 

O prazo de presentación de matrícula é do 1 de xuño ao 15 de xuño de 2012. O impreso debe ir acompañado do certificado médico do neno ou nena. Hai que entregalo no rexistro xeral do Concello.

 

Todas as persoas que se matriculen deben achegar a declaración da renda de 2011 ou o certificado negativo dos responsables legais antes do 1 de setembro, para que o neno ou nena poida acudir ao centro. Se xa dispoñen deste documento no momento de efectuar a matrícula xa se debe acompañar. Se pola contra non é así, hai que facelo en canto se dispoña del, e en calquera caso antes do 31 de agosto. Mentres non se faga esto, non se recibirá información de forma definitiva de cal será a cota a pagar.

 

É importante cumprimentar correctamente o impreso de matrícula porque facilita o traballo dos técnicos municipais e sobre todo axuda a mellorar a prestación do servizo.  Hai que cubrir todos os apartados e se hai algo que os Servizos Sociais deban coñecer e non se atopa o lugar para indicalo pode empregarse o espazo de 'observacións'. 

 

As persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación.

 

O horario no que se efectúe a matrícula debe corresponderse co horario que foi concedido nas listaxes definitivas publicadas. Tamén é moi importante marcar os servizos de comedor que o neno ou nena vai empregar. Quen teñan dúbidas sobre se por idade ou horario pode solicitar estes servizos, pode consultalo en Servizos Sociais. En calquera caso, o Concello informa de que non existe a posibilidade de levar alimentos ao centro, salvo casos moi concretos, así que por norma o alumnado que está no centro no horario no que se presta algún dos servizos de comedor debe facer uso deste.

 

Os Servizos Sociais comunitarios atenden todas as consultas sobre este trámite de 9 a 14 horas ata o remate do prazo de matrícula.

Documentación:

- Certificado médico do neno ou nena (o documento non debe ter máis de tres meses de antigüidade)

* No momento de acceder á praza hai que entregar la Escola Infantil Municipal:

- Se xa estivo no curso 2011-2012 no centro: 4 fotografías tamaño carné

- Se é o seu primeiro ano no centro, ademais do anterior, precisará: fotocopia da tarxeta sanitaria, impreso de domiciliación bancaria (facilitado pola EIM), impreso de autorización para recoller ao neno ou nena (facilitado polo EIM), autorización para subministrar medicación (facilitado pola EIM) e autorización para tirar fotografías e utilización destas (facilitado pola EIM).

* Entre o 1 e o 30 de xuño de 2012 debe entregar no rexistro xeral do Concello a declaración da renda ou certificado negativo do ano 2011. De non dispoñer deste documento no prazo indicado, por imposibilidade de conseguilo da administración tributaria, a presentación farase no máis breve espazo de tempo e sempre antes do 31 de agosto de 2012. En calquera caso, é imprescindible para a incorporación efectiva ao centro no mes de setembro. 

Prazo:

Matrícula entre o 1 e o 15 de xuño.

En prazo de presentación: 01/06/2012 - 15/06/2012

+ Convocatorias

© 2008 Concello de Teo. Travesía da Ramallosa, nº 38, 15883 A Ramallosa - Teo (A Coruña). Teléfono: 981 81 57 00