Publícanse as listaxes definitvas de solicitudes admitidas e adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa.
Consulta aquí a listaxe definitiva nas EIMs
Estas listaxes son definitivas, porén todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula no período indicado, de non ser así perderíase a praza.
O prazo de presentación dematrícula está aberto do día 1 ao 15 de xuño, ambos incluídos. Ao impreso debedes de xuntarlle o certificado médico da/do nena/o e entregalo no rexistro xeral do concello.
A comisión de baremación das escolas infantís municipais, reunida no mes de abril, publica as listaxes actualizadas de solicitudes admitidas e adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais. Trátase de listaxes para o curso actual 2012/13.
Consulta aquí as listaxes actualizadas con data abril de 2013
As persoas que presentaron unha nova solicitude e conseguiron praza deben formalizar a matrícula antes do día 22 de maio.
Descarga aquí o impreso de matrícula
Rematado o proceso de selección dun bolseiro de prácticas para a Mediateca do Grilo e de acordo coas bases que rexeron a convocatoria acordouse conceder a bolsa a D. Pablo Rodríguez Fontela.
Consulta aquí a resolución da alcaldía
O Concello publica a resolución da alcaldía pola que se adxudica a concesión do uso privativo de columbarios do cemiterio municipal do Concello de Teo. Consulta a resolución coa adxudicación premendo aquí
O Concello publica a proposta inicial de adxudicación dentro do procedemento de concesión dos columbarios do cemiterio municipal de Teo que se considera definitiva con data 14 de febreiro de 2013. Para consultar a proposta preme aquí
O Departamento de Benestar do Concello de Teo publica o programa de excursións Coñece o teu País para este ano 2013.
O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade abreu xa o prazo para participar no programa de Termalismo Social do Imserso para a tempada 2013
Descarga aquí o impreso de solicitude
© 2008 Concello de Teo. Travesía da Ramallosa, nº 38, 15883 A Ramallosa - Teo (A Coruña). Teléfono: 981 81 57 00