Imposto sobre vehículos de tracción mecánica: 11/03/2013 ao 15/05/2013.
Taxa sobre hixiene urbana: 16/09/2013 ao 20/11/2013.
Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana: 16/09/2013 ao 20/11/2013.
Imposto sobre bens inmobles de natureza rústica: 16/09/2013 ao 20/11/2013.
Taxa ocupación dominio público con mesas e cadeiras (terrazas): 16/09/2013 ao 20/11/2013.
Imposto sobre actividades económicas: 16/09/2013 ao 20/11/2013.
No concello de Teo recádase o imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía), polo que no caso de transmisión dun inmoble, ben sexa inter vivos ou por mortis causa, débese presentar no concello a seguinte documentación. No caso de que sexa unha compraventa débese presentar antes dos 30 días hábiles seguintes á escritura. No caso de que se trate dunha defunción o prazo é de seis meses prorrogable a un ano. A documentación que se debe achegar dependendo do caso é a seguinte:
Fotocopia da escritura de transmisión, testamento ou declaración de herdeiros.
Fotocopia do DNI dos suxeitos pasivos.
Último recibo do imposto sobre bens inmobles.
A Deputación é a encargada da recadación no concello de Teo. Unha vez presentada a declaración no concello os servizos tributarios da Deputación xiran a liquidación correspondente ao domicilio.
Recoméndase notificar no concello calquera cambio no seu enderezo.
Calendario laboral 2013
Dando cumprimento ao disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos/das Traballadores/as (Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo), nos artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no Decreto 152/2007, do 19 de xullo determínase o calendario laboral para o ano 2013 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Primeiro.- Decláranse inhábiles a efectos laborais, retribuídos e non recuperábeis, os seguintes días festivos
1 de xaneiro: Aninovo
28 de marzo: Xoves Santo
29 de marzo: Venres Santo
1 de maio: Festa do Traballo
17 de maio: Día das Letras
24 de xuño: San Xoán
25 de xullo: Santiago Apóstolo. Día Nacional de Galicia
15 de agosto: Asunción
12 de outubro: Día do Pilar
1 de novembro: Todos os Santos
6 de decembro: Día da Constitución Española
25 de decembro: Nadal
Segundo.- Son tamén inhábiles no Concello de Teo, para o traballo, retribuídas e non recuperábeis as seguintes festas locais