Concello de Teo

Portada | Multimedia | Galerías

Imprimir Enviar

Galerías

As imaxes máis antigas do concello, as panorámicas dos seus lugares máis importantes, imaxes do seu patrimonio cultural, etc. enchen este apartado da web para que coñezas mellor cada un dos encantos que posúe Teo.

Campamento Xuvenil 2010

Campamento en Oleiros.


Teo nevado 2010

Imaxes dos últimos días de Teo con neve. Agradecemos a colaboración ós/as autores/as das fotos: a familia Portela, a familia Beiroa, Carme Hermida, Martiño Noriega, Pablo Sanmartín e a AAVV Augas Mansas. 


Coñece o teu País: Excursión a Lugo

A excursión do mes de setembro do programa "Coñece o teu País" realizouse á cidade de Lugo e ao castro de Viladonga.


Homenaxe a Ánxel Casal

O 19 de agosto, coincidindo coa morte do ex-alcalde republicano de Compostela, réndeselle homenaxe á súa figura cunha ofrenda floral.


XVIII Concurso Cabalar

Concurso cabalar organizado polo Concello de Teo en Ribas, Oza.


Presentación do libro "A morte dun editor" O 18 de agosto presentouse na mediateca o libro de Vicente Piñeiro A morte dun editor. Derradeiros días de Ánxel Casal

Clausúranse as escolas deportivas e os obradoiros culturais 08-09

Clausuráronse as escolas deportivas e os obradoiros culturais cun notable éxito de participación tanto do alumnado coma de público.


Día das letras galegas

Celebración do 17 de maio, Día das letras galegas


Casa Común Lampai

O sábado 9 de maio celebrouse un acto cultural de reapertura da escola como Casa Común de Lampai.


Coñece o teu País: O Grove e a Illa da Toxa.

No mes de abril os maiores de Teo visitaron O Grove e a Illa da Toxa.


Encontro dos Axóuxeres

Na Casa Común de Oza realizouse un Encontro dos Axóuxeres no que participaron vinte nenos e nenas acompañados dos seus pais e nais.


Veciños/as de Teo en Almería.

Un grupo de veciños/as de Teo no aeroporto de Almería cando voltaban dunha viaxe do Imserso. José Barreiro, de Recesende, achegounos a foto ao Concello.

Confiamos en que desfrutaran da saída! 


Coñece o teu País. Pontevedra a Combarro.

O Departamento de Benestar realizou unha visita a Pontevedra e Combarro dentro do programa Coñece o teu País.


Entroido escolar en Teo

Os/as máis pequenos/as da casa celebran o entroido nos coles de Teo e nas bibliotecas!


Inauguración Casa Común Rarís

O 30 de xaneiro inaugurouse a Casa Común de Rarís.


Cabalgata de reis 2009.

Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron o Concello de Teo durante a tarde do 5 de xaneiro.


Cantateo

O programa de voces corais Cantateo celébrase durante o mes de decembro.


Inauguración da Mediateca do Grilo

Imaxes da inauguración da Mediateca do Grilo en Cacheiras, que contou coa presenza da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e do deputado provincial, Xosé Luís García.

Sen embargo o máis divertido para as decenas e decenas de cativos e cativas que pasaron polo local foron os debuxos de Pepe Carreira, autor da colección infantil Os Bolechas.  


Facendo o Camiño: de Sarria a Portomarín.

Un grupo de persoas do Concello fixeron un tramo do Camiño de Santiago, entre Saria e Portomarín.


Coñece o teu País: Illa de San Simón e Salvaterra do Miño.

O programa do Departamento de Benestar, Coñece o teu País, achegouse á Illa de San Simón e a Salvaterra do Miño.

A excursión do mes de outubro será a Monforte, en tren dende Santiago. As persoas interesadas en anotarse poden facelo ata o 15 de outubro no teléfono de Servizos Sociais 981 809 707. 


Facendo o Camiño. De Triacastela a Sarria.

Un grupo de camiñantes do Concello fixeron o tramo do Camiño de Santiago entre Triacastela e Sarria. Durante a xornada desfrutaron da visita ao impresionante mosteiro de Samos.

O próximo tramo do Camiño entre Sarria e Portomarín farase o próximo 4 de outubro.

Descarga aquí a ficha de inscrición para a saída do 4 de outubro.  


XI Música na noite

O festival Música na noite organizado pola asociación Lúa Chea en colaboración co Concello de Teo celebrouse con gran éxito no campo de San Domingo en Solláns.


XprésaTe-Ho! 2008

O Departamento de Cultura volve a por en marcha o circuíto musical XprésaTe-Ho! no que participan grupos musicais vencellados co Concello de Teo.


XVII Concurso Cabalar

O Concello de Teo organizou a XVII edición do tradicional concurso cabalar. A xuntanza realizouse no lugar de Ribas, na parroquia de Oza cun notable éxito de participación de público e concursantes nas diferentes categorías.


Representación de Moby Dick

A compañía Os Quinquilláns representou a obra de títeres Moby Dick en Lucí.


Aeromodelismo en Cacheiras

O Club Estela RC inaugurou unha pista de aeromodelismo en Cacheiras


Clausura cursos pintura

Imaxes da clausura dos cursos de pintura e manualidades organizados polo Departamento de Benestar. Durante as clases os alumnos/as fixeron traballos de pintura e decoración.


Día do deporte

O 8 de de xuño Teo celebrou a festa do deporte con actividades en diferentes lugares do municipio


Clausura das escolas deportivas municipais

O pavillón dos Tilos acolleu a clausura das escolas deportivas municipais


Alfombras florais en Rarís

Mostra do traballo realizado por veciños/as de Rarís na confección de alfombras florais.


Graffiti

O primeiro obradoiro de graffiti e rap celébrase no pavillón dos Tilos


Tiro con arco

Participantes no primeiro torneo de Tiro con arco do concello de Teo


As parroquias

Coñece os lugares máis significativos das parroquias que compoñen o Concello de Teo.


Arquitectura relixiosa

Descubre algo do patrimonio arquitectónico e relixioso das parroquias de Teo.


Imaxes antigas de Teo

Visualiza algunha das mellores imaxes da historia de Teo.